O “noso” mapa do mundo.

Publicado: Agosto 9, 2011 en inmigración, recursos

“”Universal” es simplemente un eufemismo para dicir “branco””

Cherríe Moraga

A nosa imaxe do mundo está baseada nos mapas que estudamos e que se transmiten nos diferentes medios. De feito, os mapas xurdiron coa finalidade de dar a coñecer o mundo tal cal era.

Mapamundi ou proxección Mercator

Os mapamundi non son os mesmos en todas as partes do mundo. Dependendo de onde estemos, atopamos variacións que resaltan a rexión na que o mapa foi feito.

A convención norte na parte superior estableceuse hai séculos debido ao uso, por parte de navegantes e cartógrafos do hemisferio norte, da estrela Polar e da brúxula magnética.  Do mesmo xeito que, previamente, o leste situarase na parte superior dos mapas, dando lugar ao termo “orientación”. Centos de anos despois e cos avances actuais, as terras do sur non teñen ningún motivo para estar situadas por debaixo do hemisferio norte.

Ademáis, se nos fixamos nas superficies reais de países e continentes ningún destos mapas amosa a proporción real do mundo.

Europa>Sudamérica?
Europa: 9,7 mill. Km2
América do Sur: 17,8 mill. Km2

A antiga URSS>África?
URSS: 22 mill. Km2
África: 30 mill. Km2

Groenlandia>China?
Groenlandia: 2,1 mill. Km2
China: 9,5 mill. Km2

Norte>Sur?
Norte: 52 mill. Km2
Sur: 100 mill. Km2

É Europa o centro do mundo como aparece nos mapas?
… máis se nos fixamos por onde pasa exactamente o Ecuador, esa liña que divide o planeta en dúas partes iguais, a situación do mapa cambia totalmente e a posición de Europa deixa de ser a central.

A finalidade dos mapas é amosarnos a representación xeográfica da terra o máis exacta posible.

OS MAPAS SON A FORMA NA QUE VEMOS O MUNDO:

Cremos que o Norte é máis grande que o Sur
Cremos que Europa é o  Centro do Mundo

Deste xeito, os paises do Norte, e sobre todo os europeos, parecen máis importantes do que realmente son.
Os mapas custan cartos, e quen paga, manda. Isto ten a súa explicación cando atendemos a que o momento histórico no que se deseñaron moitos dos mapas que agora coñecemos coincide co auxe dos imperios europeos (os grandes “descubrimentos”, as colonizacións etc).
Por exemplo, o mapa coñecido como Mercator, o mapamundi que todas e todos coñecemos, foi publicado polo cartógrafo  Gerhard Kremer en 1569.

O Mapa ou Proxección de Peters é unha posibilidade de ver o mundo dende outra perspectva, este mapa conserva posicións e superficies.

A Proxección de Peters, chamada así por Arno Peters (1916-2002), aínda que o correcto sería Proxección de  Gall-Peters,  é unha proxección cartográfica que apareceu por primeira vez en 1856, publicada na Polish Geographical Magazine por James Gall, un relixioso escocés.

Esta proxección popularizouna Arno Peters nunha rolda de prensa en 1976 para denunciar as implicacións políticas da proxección Mercator (o planisferio que se amosa habitualmente).

A UNESCO e moitas ONG adoptarona e empregana dende entón, convertindoa na visión políticamente correcta do mapamundi, aínda que é moi controvertida e cuestionada.

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s