Historias de mulleres africanas (II)

Publicado: Agosto 8, 2011 en identidade(s), inmigración, libros, recursos

Doris Lessing (Kermanshah, Persia, actual Irán, 1919)

Doris May Tayler, filla de pai e nai británicos, viviu en Rodesia, actual Zimbabwe, dende os seis anos, onde pasou toda a súa infancia e adolescencia.

O contacto con África e o profundo amor que sentiu por esta tierra constituiu a materia narrativa dalgunhas das súas novelas. En The grass is singing, unha novela que tivo boa acollida acerca da vida en África, amosa a súa oposición á política racial nos anos nos que o tema non era ben recibido en Inglaterra. Grazas a esa novela, conseguiu abrirse camiño no mundo literario dos anos cincuenta, ao tempo consolidaba a súa imaxe de firme detractora da segregación racial en África do Sur.

A escritora gañou o Premio Nobel de Literatura 2007 pola súa “capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria”.

Elspeth Huxley (Gran Bretaña, 1907-1997)

Cronista da Kenia colonia, é unha das autoras que máis e mellor escribiu sobre este país. Neste campo cultivou todos os xéneros, dende a novela de ficción á autobiografía ou o ensaio. A súa obra é unha gran semblanza do país dende diversos puntos de vista: a súa historia, a súa cultura, a súa natureza ou a súa política.

Xornalista e autora de máis de 30 libros, fíxose mudialmente coñecida por The Flame Trees of Thika (1959) e The Mottled Lizard (1962), obras que están baseadas nas súas experiencias de nenez na Kenia colonial, onde viviu dende os cinco anos.

Fátema Mernissi (Fez, Marrocos, 1940)

O seu incansable activismo, o rigor extremo dos seus estudos sobre o Corán e a orixinalidade das súas teses feministas convertiron á escritora marroquí nunha das más importantes intelectuais do mundo árabe.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátema Mernissi criouse nun harén doméstico de Fez que describiría anos despois en Sueños en el umbral. Memorias de una niña del harén (1994), a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Mernissi licenciouse en Ciencias Políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en Paris. Máis tarde, fixo o doctorado en Socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e adicouse á investigación no Centre Universitaire de la Recherche Scientifique. Tamén dirixiu un Taller de Escritura.

Ao voltar a Marrocos decatouse de que precisaba defender os seus dereitos como muller a estar prenamente nun traballo e por iso volveu a revisar os textos coránicos. Tras un estudo polo miúdo lanzou unha das súas afirmacións máis célebres: o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senon outros homes, quen comenzaron a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase. Con estas teorías escribiu El harén político, libro prohibido en Marrocos pero que acadou moito éxito noutros países musulmanes como Siria.

Mernissi compaxina as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora.

Podedes descargar para lectura Sueños en el umbral AQUÍ

Fatou Diome (illa de Niodior, Senegal, 1968)

A escritora publicou no 2001 unha colección de historias curtas titulada La Préférence nationale. A súa primeira novela é Le Ventre de l’Atlantique (‘En un lugar del Atlántico’, 2003), que se convertiu nun éxito de vendas en Francia. Traduciuse ao inglés, ao español e ao alemán.

Francia e África, e a relación entre ambas, constituen o marco das suas obras de ficción. O seu estilo inspírase na arte tradicional da narración, tal e como se practica ainda en África.

Flora Nwapa (Oguta, Nixeria, 1931-1993)

Florence Nwanzuruahu Nkiru Nwapa foi a primeira novelista nixeriana publicada (coa novela Efuru en 1962) e a primeira muller en África cun libro editado en Londres, o que a convertiu nunha precursora da súa xeración, e polo que foi considerada a “nai da literatura africana moderna”.

Durante a guerra civil de Nixeria, que comenzou en 1967, abandonou Lagos coa súa familia, exercendo tras o conflicto de ministra de Saúde e Benestar social.

Ademáis de escribir libros, fundou Tana Press, a primeira editorial propiedade dunha muller negra africana en toda a zona oeste do continente. Entre 1979 e 1981 editou ocito volúmenes de ficción para persoas adultas, abrindo máis tarde outra compañía editorial, Flora Nwapa and Co., especializada en ficción para nenas e nenos.

O seu exemplo animou a outras mulleres e homes a replantearse os roles tradicionais da muller/esposa en favor dunha sociedade igualitaria.

Grace Ogot (Asembo, Kenia, 1934)

Traballou como enfermeira en Uganda e Inglaterra, como xornalista, responsable do programas do Servizo Estranxeiro da BBC y directiva na Air India Corporation of East Africa. Ademáis, Ogot ocupou diferentes postos diplomáticos e representou ao seu país nas Nacións Unidas e na  UNESCO e é unha das fundadoas da Writers’ Association of Kenya.

Foi a primeira escritora keniata con recoñecemento internacional e tamén a primeira en publicar na East African Publishing House.

O seu primeiro libro publicado foi Land Without Thunder, colección de relatos sobre a vida rural en Kenia

O seu estilo de escritura captura as formalidades da tradición africana e as relacións interpersonais, gobernadas por grandes protocolos e simbolismos.

Moitas das súas historias desenvolvense tendo como fondo o lago Victoria e as tradicións da tribu Luo, de feito moitas das súas obras son publicadas primeiro en luo e despois en inglés. A súa prosa é evocativa do folclore tradicional, como no El Extraño Bride, unha novela sobre unha mística e provocativa muller na antiga terra Luo.

Grace Ogot tamén aborda a temática da emigración, como na obra La Tierra Prometida, unha novela ambientada en 1930 onde os protagonistas principais emigran de Nyanza a Tanzania do norte, na búsqueda da riqueza e de terra férfil. El Licenciado é tamén unha novela sobre as complexidades da emigración a través do regreso do protagonista dende os Estados Unidos a Kenia, despois de completar os seus estudos.

Guillermina Mekuy Mba-Obono (Guinea Ecuatorial, 1982)

Dende os seis anos vive en Madrid, ainda que visita periodicamente o seu país de orixe.

Licenciada en Dereito e en Ciencias Políticas na Universidad Autónoma de Madrid, actualmente é a directora de Bibliotecas y Museos de Guinea Ecuatorial e, como tal, directora da Biblioteca Nacional deste país.

Escribiu e colaboru en diversas revistas e publicacións con artigos, entrevistas e relatos. Escribiu dúas novelas: El llanto de la perra y Las tres vírgenes de Santo Tomás (2008), onde defende a liberación da muller e rexeita o fanatismo relixioso, sexa cal sexa a súa base ideolóxica.

Podedes ler unha entrevista á autora AQUÍ

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s