Historias de mulleres africanas (I)

Publicado: Agosto 7, 2011 en identidade(s), inmigración, libros, recursos

Agnès Agboton (Porto-Novo, Benín-1970)

Posúe a riqueza de aunar dúas artes (a cociña e a escritura) e dúas culturas distintas (a africana e a española) na súa traxectoria vital. Nacida na República de Benín, vive en Barcelona dende os 18 anos.

Agnès recuperou algunhas xoias ocultas da tradición oral do seu país (contos, cancións e lendas) e traduciunas e adaptounas para o público español e o catalán.

En Más allá del mar de arena, retrata a súa visión da sociedade española dende os ollos da persoa recén chegada que ela mesma foi.

Tamén é autora de artigos e poemas escritos en lengua gun.

Obras editadas en castelán:

  • Más allá del mar de arena
  • Na Mitón. La mujer en los cuentos y leyendas africanas.
  • Canciones del poblado y del exilio.

Ama Ata Aidoo ( Abeadzi Kyiakor, Ghana-1942)

Novelista e dramaturga ghanesa, a obra de Ama Ata Aidoo toca o tema da tensión entre a civilización occidental e o punto de vista africano sobre ela. Moitas das suas personaxes son mulleres que desafían o papel estereotipo da muller. É tamén unha destacada poetisa e escribiu varios libros infantiles.

Ademáis da súa carreira literaria, Aidoo foi designada ministra de Educación en 1982, cargo ao que renunciou 18 meses despois. Reisiu nos Estados Unidos, Inglaterra, Alemania e Zimbabwe, exercendo como profesora. Actualmente é profesora visitante no Departamento de Estudos Africanos na universidade norteamericana de Brown.

Obras editadas en castelán:

  • El dilema de un fantasma (The Dilemma of a Ghost, 1964)
  • Anowa (1970)
  • No hay dulzura aquí (No Sweetness Here: A Collection of Short Stories, 1970)
  • El águila y la gallina (The Eagle and the Chicken, 1986)
  • Aves y otros poemas (Birds and Other Poems, 1988)
  • Cambios: una historia de amor (Changes: A Love Story, 1991)

Aminata Traoré (Bamako,Malí-1948)

Escritora e política, foi ministra de Cultura e Turismo de Malí entre 1997 e 2000, cargo do que dimitiu para “poder manter a sua liberdade de palabra”. Posteriormente participou no Consello de Administración do Servizo Internacional de Prensa e presidiu a Comisión de Organización do Foro Social Mundial Policéntrico de Bamako. Actualmente é a coordinadora do Foro para otra Mali (FORAM) e directora do Centro Amadou Hampaté Bâ (CAHBA).

Traoré é unha das voces intelectuales africanas máis sobresaintes na búsqueda dunha alternativa en oposición á mundialización liberal. Declarase “musulmana practicante ao tempo que unha muller moderna ” e desestima profundamente os clichés occidentales sobre a muller africana.

Podedes ler unha entrevista con ela AQUÍ

Amma Darko (Tamale, Ghana-1956)

Despois de estudar Deseño Industrial na Universidade de Kumasi decidiu irse ao estranxeiro e viviu en Alemaña durante seis anos. Fue neste país onde escribiu a súa primeira novela, Beyond the horizon (publicada en 2003 en castelán como Mas allá del horizonte), na que describía a vida dunha moza ghanesa de orixe rural en Alemaña. Regresou a Ghana sen publicala, pero un editor alemán que tivo acceso a unha copia intereseouse por ela, polo que a súa primeira obra publicada foi en alemán.

Máis info AQUÍ

Amanda Devi (Mauricio, 1957)

Considerada unha das voces máis importantes do Océano Índico. O seu primeiro libro de contos aparece cando só tiña 19 anos. Posteriormente publicará contos e novelas nas que sempre está presente a súa ascendencia hindi a través da confrontación do ser humano co seu destino.

O seu estilo incisivo, lírico e penetrante, escrito en francés, integra o criollo e o hindi.

Podedes ler un dos seus contos en castelán en Mercado de historias. Relatos y poemas de África y el Caribe

Bessie Head (Pietermaritzburg,Sudáfrica, 1937- Serowe, Botswana, 1986)

Filla de nai escocesa e pai negro naceu e criouse na Sudáfrica do Apartheid onde as relacións interraciais non estaban permitidas.

Considerada a escritora botswana máis importante, na súa obra deixa sentir o latir da historia africana e as súas tradicións, e o seu compromiso co el cambio social, a liberdade e a paz.

O seu libro La coleccionista de tesoros está traducido ao castelán.

Máis info AQUÍ

Buchi Emecheta (Lagos,Nigeria, 1944)

Emigrada en Londres dende os vinte anos, as penalidades que padeceu en Londres pola súa condición de minoría nun país estranxeiro foron o material elexido para as súas dúas primeiras novelas, In the Ditch (1972) y Second-Class Citizen (1975). Continuou escribindo sobre a loita permanente das mulleres africanas para desenvolver o seu potencial nunha sociedade dominada por homes.en novelas como The Bride Price (1976), The Slave Girl (1977), Kehinde (1994) e The new tribe (2000).

Despois de traballar na Universidade de Londres e Nixeria, regresou á capital británica para estar preto dos seus cinco fillos e fillas. Durante este período, Emecheta publicou The Joys of Motherhood (1979), a súa novela de maior éxito na que reconsidera a maternidade na cultura africana.

Como novelista e escritora de ensaios atópase entre as escritoras máis prolíficas do continente africano. Recibiu numerosos premios entre os que destaca a Orde do Imperio Británico no ano 2005.

Obras publicadas en castelán:

Kehinde (Editorial Belacqva, 2008)

Las delicias de la maternidad (Ediciones Zanzíbar, 2004)

Calixthe Beyala (Douala, Camerún, 1961)

Despois de realizar estudos no politécnico de Douala, emigrou a París aos dezasete anos, onde continuou os seus estudos de Literatura.

Aos vinte anos empezou a súa carreira como escritora, coa publicación da súa primeira novela C’est le soleil qui m’a brûlée (1987). En 1993 recibiu o premio Grand Prix Littéraire de l’Afrique Noire pola súa obra Maman a un amant, e en 1997 o Grand Prix du roman de l’Académie française por Los honores perdidos. Con Mujer desnuda, mujer negra (2003) convertiuse nunha das primeiras escritoras africanas en escribir novela erótica.

Ademáis é coñecida pola súa loita a favor dos dereitos das mulleres e das minorías.

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s