Carme Pollina – “Lesbianarium. Historias afiladas de mujeres agudas”

Publicado: Agosto 4, 2011 en identidade(s), libros, orientación sexual

      Carme Pollina describe o libro na páxina web da seguinte maneira: “As 20 historias de Lesbianarium son afiadas para confirmar que, moitas veces, a mellor defensa é un bo ataque. Son relatos que nos falan de mulleres que tiveron que aprender a sobrevivir a certas situación utilizando toda a agudeza de que son capaces e engadíndolle doses considerábeis de ironía, sarcasmo e bo humor.

A relación coa familia de orixe, coa parella, coas mulleres, cos homes, cos compañeiros e compañeiras de traballo, con institucións e persoas frontalmente hostiles… Uf! Son tantos os ámbitos aos que temos que estar atentas que ás veces é difícil dar abasto, mais non podemos permitirnos o luxo de desfalecer se queremos deixar de ser invisíbeis.

Neste contexto, Lesbianarium é ese lugar do que todas vimos e ao que todas acudimos, un espazo donde podemos ser nós mesmas, no que compartimos as nosas ledicias e choramos as nosas penas, un universo imaxinario que a miúdo se volve real, para ben ou para mal.

En Lesbianarium somos máis visíbeis que nunca para opinar sobre o mundo que nos rodea e, por que non, para rirnos un pouco del – e tamén de nós mesmas- desde a nosa particular sensibilidade.

Agardo que che guste o meu Lesbianarium e que desfrutes tanto léndoo coma eu desfrutei escribíndoo.”

Vídeo da presentación do libro en Barcelona, o 6 de agosto de 2010: aquí (a autora fala a partir do minuto 6.38)

Relato La señora de la casa, incluído no libro: aquí

Facebook e Twitter

Blog da autora

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s