Raquel Platero – “Lesbianas. Discursos y representaciones” (Editorial melusina)

Publicado: Agosto 3, 2011 en identidade(s), libros, orientación sexual, sexualidade(s)

“Que din e que se di das lesbianas?” Neste percorrido preciso e sistemático pola historia recente do lesbianismo no Estado español, autoras da máis diversa procedencia, cun background intelectual e emocional que converxe exclusivamente na súa condición de mulleres lesbianas nun contorno suxeito ás transformacións que implicaron a transición democrática e a nova lexislación menos nociva para as persoas homosexuais, reflecionan sobre o pasado e futuro do lesbianismo detallando os procesos de maduración dunha militancia autodidacta e subterránea que comeza por fin a asumirse e a dar froitos no escenario social e xurídico. Un texto pioneiro no conxunto de estudos de xénero que da voz a unha colectividade habitualmente silenciada e sistematicamente ignorada.

Os temas tratados no libro, que é unha brillante compilación de 13 ensaios interdisciplinarios realizados por distintos investigadores e investigadoras, non deixan ningún interrogante sobre o vasto do estudo e das súas abordaxes. Os problemas plantexados van desde a hstoria do movemento no Estado español, a construción de identidades colectivas, a historia do movemento en Euskal Herria, o lesbianismo dentro do feminismo e do movemento gai, ata a perspectiva de género, o discurso queer, o Estado e as súas políticas, a produción teórica, as lesbianas históricas, o imaxinario lésbico da pornograía masculina, a arte contemporánea, os medios de comunicación etc.”

Micaela Fernández Darriba – Foeminas

Pódese ver a presentación do libro en Madrid, en decembro de 2008, aquí.

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s