La chica de Marte

Publicado: Agosto 1, 2011 en identidade(s), libros, orientación sexual, recursos

Título: La chica de Marte

Autora: Tamara Bach

Editorial: Siruela

Colección: Las Tres Edades

Ano de Edición: 2009

Premio Oldenburg de Literatura Infantil y Juvenil en 2002.

A primeira novela de Tamara Bach (Limburg, 1976) é unha novela de literatura xuvenil que aborda o espertar homosexual na adolescencia a través da historia de Miriam.

Miriam,  unha rapaza de 15 anos dun pequeno pobo alemán, descubre que está enamorada da súa amiga Laura.

Miriam aburrese, o pobo resultalle un lugar pechado e   rutinario no que nunca pasa nada, a  súa relación coa súa nai non é tan boa como debería ser, o seu irmán maior ignoraa e ela tamén a el, é a única das súas amigas que non ten mozo e que segue sendo virxe, pero por enriba de todo, aburrese como unha ostra. Ata que aparece Laura no instituto. Laura é  diferente, parece doutro planeta, e esperta en Miriam uns sentimientos que a asustan, que a agobian e que por enriba de todo quere facer desaparecer para ser como todos, “normal”, pero no fondo o que sente parecelle fantástico e fai que cambie a súa percepción do mundo, do instituto, do pobo e do seu tempo, deixando a un lado o aburrimento.

Non hai moitas novelas xuveniles que aborden o espertar homosexual na adolescencia, e esta faino con naturalidade e ás claras, con tenrura e respecto ás personaxes e as súas experiencias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s