MASCULINIDADE FEMININA II (BUTCH)

Publicado: Xullo 28, 2011 en identidade(s), libros

 

 “(…) A masculinidade, a miúdo,  define a versión estereotipada do lesbianismo (…) A bollera hipermasculina, de feito, deu visibilidade ao lesbianismo e conseguiu que se interprete como unha especie de confluencia entre un xénero subversivo e unha orientación sexual. Precisamente porque a masculinidade semella ter desempeñado un papel importante e inclusive crucial nalgunhas autodefinicións lesbianas, temos unha palabra para a masculinidad lesbiana: butch. Como afirma Gayle Rubin: “Butch é o termo vernáculo para as mulleres que se sinten máis cómodas cos códigos, estilos ou identidades de xénero masculinos que cos femininos”[1]. Rubin mostra que a implicación das butches na masculinidade adopta formas moi variadas: algunhas butches exercen a súa masculinidade por medio de accesorios, como a roupa e o corte de pelo, e outras en realidade vense a sí mesmas como homes; algunhas teñen disforia de xénero[2], outras son travestis e outras pasan por homes. (…) como a butch soe verse a sí mesma como algo distinto á muller-identificada-como-muller, quizais sexa convinte reservar a etiqueta de “lesbiana” para mulleres que se identifican con mulleres e desexan a outras mulleres, e crear un terreo sexual e semiótico diferente para as butches. (…)

A masculinidade lesbiana sempre adoptou múltipes formas. Na recopilación de historias orais de Esther Newton The Persistent Desire, varias mulleres narran a súa particular construción da identidade butch. Unha butch negra, Mabel Hampton, descríbese a sí mesma como unha butch á que lle gusta vestir roupa de home, pero distingue a súa performance da identidade butch e os machotes da década de 1950, que eran moi meticulosas na súa masculinidade, dende o pelo moi curto ata os zapatos de home. Unha butch branca de clase traballadora, Merrill Mushroom, noutro estudo sobre a cultura dos bares butch-femme, aporta un glosario (…). Define á butch como “a persoa agresiva, dentro da relación de parella lesbiana”, pero unha butch en sentido estrito é “unha muller que mantén constantemente o papel de butch, todo o tempo, e que só vai con mulleres”. (…) hai todo un abano de categorías dispoñíbeis e, do mesmo xeito que o termo “lesbiana” soe agrupar múltiples estilos sexuais baixo a categoría do desexo entre persoas do mesmo sexo, “butch” converteuse nun referente de todas as masculinidades lesbianas.” (páxs. 144-146)

 

Emma Casal Giráldez


[1] Gayle Rubin, “Of Catamites and Kings: Reflections on Butch, Gender anda Boundaries”, en A Persistent Desire: A Femme-Butch Reader, ed. Joan Nestle (Boston: Alyson Publications, 1992), 467.

[2] A disforia de xénero defínese como un desacordo entre o sexo biolóxico e o sexo sicolóxico.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s