Passing the rainbow ou Como subvertir as normas de xénero en Afganistán.

Publicado: Xullo 27, 2011 en documentais, identidade(s), recursos

PASSING THE RAINBOW / Cruzando o arco da vella

2007 / Alemaña / Dirección: Sandra Schäfer e Elfe Brandenburger / 71 min

Na breve historia do cine de Afganistán, as mulleres comezaron a situarse detrás da cámara a partir de 2001.  O resultado son obras cinematográficas políticamente conscientes, en tanto que reflexan, dende unha mirada crítica e construtiva, a situación presente da muller na sociedade afgá comprometendose co seu destino.

A mirada destas realizadoras, actrices e organizacións de mulleres  sobre as  “mulleres en Afganistán” , imaxe reiteradamente instrumentalizado polos medios de comunicación convencionais, iniciouse no periodo pre-talibán e continuou a desenvolverse dende o exilio ata hoxe, para reivindicar o seu papel na vida pública e política do seu país. As diferentes perspectivas que se manifestan sobre a produción de xénero, a migración e as súas representacións, constituen á vez un documento e unha testemuña de excepción sobre a realidade cotidiana do país, que é moi diferente da representación de Afganistán que se difundiu polo mundo.

Passing the Rainbow trata sobre os métodos para subverter as estritas normas de xénero na sociedade afgá en colaboración cun conxunto de protagonistas femininas que viven e traballan en Kabul.  Unha rapaza decide vivir como un rapaz para fuxir da prohibición ás mulleres de traballar introducida polos Talibán. Unha directora de cine de acción traballa como policia a tempo completo, e nas súas películas interpreta o papel dunha heroína que loita contra a corrupción, os secuestros de nenas e nenos e o acoso sexual.

Mediante a alternancia de escenas documentais, secuencias escenificadas e referencias á historia cinematográfica de Afganistán, a película visualiza as interaccións e  contradicións entre os imaxinarios construídos e as condicións de vida reais tratando de socavar as ríxidas normas de xénero da sociedade afgá: na representación cinematográfica, no traballo político e na vida cotiá.

Pódese ver on line AQUÍ

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s