Masculinidades femininas I

Publicado: Xullo 27, 2011 en identidade(s), libros

HALBERSTAM, Judith, Masculinidad femenina, Madrid, Editorial EGALES, 2008.

“(…) a masculinidade feminina foi ignorada descaradamente, non só na cultura en xeral senón tamén nos estudos académicos sobre a masculinidade. (…) esta indiferencia xeneralizada hacia a masculinidade feminina ten claras motivacións ideolóxicas e serviu de apoio ás complexas estruturas sociais que vinculan o masculino á virilidade, o poder e a dominación.” (páx. 24)

“O chicazo[1] tende a asociarse a un desexo “natural” por esa maior liberdade e movilidade da que desfrutan os homes. Moi a miúdo interprétase coma un signo de independencia e automotivación, e a conduta do chicazo pode inclusive ser alentada (…) Sen embargo, (…) castígase cando se convirte no indicador dunha forte identificación co varón (…) e cando ameaza con prolongarse máis aló da infancia, na adolescencia. A adolescente chicazo supón un problema e soe ser obxecto de severos esforzos para a súa reorientación (…) A adecuación ao xénero é unha presión que se exerce sobre todas as rapazas, non só sobre os chicazos, e é aquí onde resulta difícil soster a idea de que a feminidade dos homes supón unha ameaza maior á estabilidade social e familiar que a masculinidade feminina. A adolescencia das mulleres representa a crise de chegar a ser unha rapaza adulta nunha sociedade dominada polos homes. Mentres que a adolescencia para os rapaces representa un rito de paso (…) e unha ascención a certa versión (…) do poder social, para as rapazas a adolescencia é unha lección de moderación, castigo e represión. (…)” (páxs. 27-28)

 

Emma Casal Giráldez


[1] No orixinal: tomboy. Halberstam refírese con este concepto a unha nena ou adolescente de rasgos físicos e aspecto masculino, cun comportamento semellante ao dos rapaces, ou que realiza actividades que se supón que son propias dos rapaces.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s