Ábreme. Unha antoloxía de historias “gai-les-trans” en banda deseñada.

Publicado: Xullo 11, 2011 en banda deseñada / cómic, identidade(s), orientación sexual, recursos, trans

Un volumen de historietas que amosa a diversidade sexual, ideado por un grupo de historietistas  arxentinxs (Caro Chinaski, Javier Barrera, Liniers, Gustavo Sala, Sebastián Ballesteros etc). Ábreme é unha antoloxía de banda deseñada “gai-les-trans”, publicado pola editorial Moebius  “Con Abreme quixemos contar outro tipo de historias e que resultasen interesantes, independentemente da orientación sexual de quen a lea”, sinalaron na súa presentación.

Títulos como “La última sesión”, “El sastrecillo enamorado”, “La píldora del amor Gai”, “Bar 3 AM” ou “La ruina de la civilización” son algúns dos títulos que aparecen na  publicación. Neste último, o seu autor Federico Reggiani, relata a historia de un mozo gai, do seu “amigo imaxinario” e da súa nai, quen di que o seu fillo non ten gusto para decorar a casa, rachando co estereotipo sobre o bo gusto dos homes homosexuais. Sobre Ábreme, Reggiani comenta: “é bo que estas publicacións existan e circulen. E máis aínda no ámbito da banda deseñada, un medio que foi durante moito tmepo un reduto casi exclusivo para adolescentes machos”.

 

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s