Dinamarca aumenta os controles aduaneiros nas súas fronteiras.

Publicado: Xullo 6, 2011 en inmigración, novas

martes 5 de xullo de 2011 11:41 CEST

COPENHAGUE (Reuters) – Dinamarca reforzou o martes as súas fronteiras colocando a máis axentes aduaneiros nos seus cruces nunha tentativa para frear a entrada de artigos ilegais, unha decisión que indignou a Alemaña e aviva o debate sobre a libre circulación en Europa.

A coalición de centrodereita no poder, que se enfronta a eleccións este ano, acordou en maio co Partido do Pobo Danés, contrario á inmigración, reforzar os controles fronteirizos, dicindo que prentendía manter fóra de Dinamarca “delitos brutais”.

Pero o plan provocou unha advertencia da Comisión Europea de que Dinamarca se arriscaba a quebrantar o tratado de Schengen que establece a liberdade de movementos entre 25 países membros da área Schengen e tamén tivo críticas da veciña Alemaña.

Ante estas críticas, o Goberno danés insistiu en que está no seu dereito de establecer controles aduaneiros para impedir o contrabando de artigos ilegais como armas e drogas e o tráfico de persoas.

Copenhague di que só está elevando a súa forza aduaneira a un nivel similar que os seus veciños, Alemaña no sur e Suecia no norte, e que as medidas non entorpecerán o tráfico e non implicarán o restablecemento dos controles de pasaportes.

Di que os axentes de aduanas só levarán a cabo rexistros aleatorios, como fixeran anteriormente e que non haberá un control sistemático de todos os vehículos e trens que pasan pola fronteira.

O martes, 50 axentes aduaneiros adicionais, 30 na fronteira entre Dinamarca e Alemaña, 10 en terminais de ferry con servizo a e dende Alemaña, e 10 na pote de Oresund e no ferry de Helsingor que une Dinamarca e Suecia, tiñan previsto ocupar os seus postos.

Os reforzos súmanse a unha forza de uns 160 axentes, que crecerá a 260 para finais de ano.

Anunciando o acordo co Partido do Pobo Danés en maio, o ministro de Finanzas, Claus Hjort Frederiksen, declarou: “Vimos demasiados exemplos de violencia, roubo e criminalidade brutal cometida por delincuentes que cruzaron as fronteiras”.

O lexislativo danés deu luz verde á medida e garantiu a finanaciación o venres.

FONTE: http://es.reuters.com/article/topNews/idESMAE76407X20110705

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s