Erro sobre erro.

Publicado: Xuño 27, 2011 en inmigración, novas

O Consello Europeo celebrado a pasada semana decidiu limitar a aplicación da liberdade de circulación das persoas, regualda nos acordos de Schenguen, nos casos en que se produza unha excepcional afluencia de inmigrantes cara algún dos países membros. Os Vinte e sete aceptaban así a iniciativa coa que Sarkozy e Berlusconi conseguiron resolver a tensión entre os seus países ante as revoltas en Túnez e Líbia. Trátase dunha vitoria propagandística de ambos contra un adversario que non existe: os tunecinos e os libios que chegaron naquela ocasión non eran inmigrantes, senón refuxiados a quen Europa pechou ignominiosamente a porta.
Aínda que faltan por concretar detalles relevantes, como determinar si a decisión de suspender o acordo corresponde só aos Estados ou debe participar, ademáis, algunha instancia común, o acordo do Consello Europeo supón un grave retroceso de un dos maiores avances da Unión. Pouco importa que as xefaturas de Estado e de Goberno fixeran un cínico eloxio de Schengen e que asegurasen que o mecanismo de suspensión aprobado sería excepcional e transitorio. O retroceso atopase nos presupostos dende os que adoptaron a iniciativa franco-italiana, en implícita contradición con algúns principios que rixen a construción da Europa unida.
O acordo debilita a solidariedade entre os Vinte e sete, xa que, na práctica, a suspensión da liberdade de circulación só pode ser decidida polos Estados veciños do socio europeo que se enfronta ao suposto dunha chegada masiva de inmigrantes. Por excepcional e transitoria que sexa a suspensión, abre a porta a unha re-nacionalización da política migratoria da Unión, posto que cada país, en especial os que dispoñen de fronteiras exteriores, corre o risco de ter que arranxarse por si mesmo en caso de producirse a hipotética chegada masiva de persoas estranxeiras.
O Consello Europeo avalou o fondo da proposta de Sarkozy e Berlusconi, que non trataba de resolver problemas ligados coa inmigración, senón seguir pospoñendo un pronunciamento inequívoco da Unión sobre o dereito de refuxio e asilo. Cando estallaron as revoltas de Túnez e Libia, os Vinte e sete non estiveron á altura do que sucedía. Agora, as xefaturas de Estado e de Goberno avalaron a posición de Sarkozy e Berlusconi, que trataron de transferir as súas responsabilidades á Unión e ocultar un erro con outro.

“Si eu son eu, como podo chamar ao alleo proximo si o trato como un adversario ou un inimigo”.- Bonhamled

FONTE: http://www.elpais.com/articulo/opinion/Error/error/elpepiopi/20110627elpepiopi_2/Tes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s