O voto anti-inmigrante en Catalunya

Publicado: Xuño 27, 2011 en inmigración, novas

Público, ANTONIO IZQUIERDO, 2011-06-27
Catalunya é unha comunidade que nunca se sentiu económicamente pobre e que non tería que ver ás persoas inmigrantes como competidoras no traballo, nin nos recursos públicos. A pesares disto, as plataformas xenófobas e as mensaxes egoístas recolectan adeptos e adeptas tanto en municipios catalanistas como en cidades con memoria emigratoria. Como analizar o voto antiinmigrante?
Para comenzar con boa investigación -e non con enquisas que fabrican propaganda e que resulta inútiles á hora de indagar cales son as cuitas sociais-, non é de recibo preguntar, como fixo o Centro de Estudios de Opinión da Generalitat, se se está dacordo en que “os inmigrantes abusan da atención sanitaria gratuíta”. A cuestión induce a resposta e o resultado é esperpéntico porque igual en proporción a votantes de ERC, PSC, CiU e PPC. En fin, a pregunta é un pecado e no resultado leva a penitencia.
Porque ocurre que cada clase respira pola súa propia ferida social e ademáis sabe distinguir entre diversos tipos de inmigrantes á hora de falar, por seguir co exemplo, do seu impacto na sanidade. O sentimento de agraviso existe, pero aparece con distinto enfoque e intensidade segundo a posición social. As investigacións cualitativas detectaron que as prioridades e queixas de xubilados e xubiladas da industria e ex-emigrantes de Badalona non son as mesmas que para o empresariado da hostelería e comerciantes de Barcelona. Aos primeiro grupo incomodalles a cantidade de inmigrantes no ambulatorio, o segundo inquietase porque o médico ou médica foránea que atende saiba menos que unha ou un nativo, e os autónomos e autónomas alarmanse porque traian enfermidades.
En resumo, o voto é unha síntese de tensión e a súa interpretación non é simple. Semella que os resultados do 22-M indican que a fábrica catalana de integración precisa reforzarse. Porque hoxe a sociedade civil está máis fragmentada e a estructura de oportunidades laborais é máis insegura que fai medio século cando chegaron os que xa se consideran cataláns. Pero entón non había Goberno autonómico e agora e el quen ten as competencias.

FONTE: http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/1521/el-voto-antiinmigrante-en-catalunya/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s