A partires do xoves aplicarase a nova Ley de Extranjería.

Publicado: Xuño 27, 2011 en inmigración, novas

El Día, EFE, Madrid, 2011-06-27
O regulamento incorpora como gran novidade uns requisitos para solicitar a regulación por arraigo e estimula o retorno voluntario. As persoas que sufran malos tratos e explotación sexual poderán entrar nun programa de protección.
O regulamento da Ley de Extranjería -aprobada en 2009- entrará en vigor o 30 de xuño e incorporará novos requisitos para solicitar a regulación por arraigo, estimulará o retorno voluntario e mellorará a protección das víctimas de violencia de xénero e de trata con fins de explotación sexual.
Coa nova regulación, as víctimas estranxeiras de violencia de xénero e de trata poderán obter un permiso de traballo e residencia, ademáis de suspenderse o procedemento de expulsión si se tivera aberto por unha irregularidade. O regulamento tamén establece os requisitos para a reagrupación familiar ou para a regulación por arraigo e concreta os “elementos mínimos” que deben incluir as administracións locais ou autonómicas nos seus informes de integración, que serán resoltos polo Goberno.
As persoas inmigrantes que teñan fillas ou fillos de nacionalidade española ao seu cargo poderán regularizar a súa situación no Estado español grazas ao novo “arraigo familiar”, que se plantea nos casos nos que as e os proxenitores proceden dun país que non concede automáticamente a nacionalidade ao nacer.
A nova regulación, que inclúe 266 artigos, recolle os requisitos para acadar a regularización por “arraigo laboral” e “arraigo social”, que se poderá conceder a persoas extranxeiras que acrediten a súa permanencia e traballo durante máis de dous anos, ou a quen viviran en España polo menos tres anos. En ambos casos, deberán contar cun contrato de traballo.
O regulamento establece que os informes que elaboran as comunidades autónomas e concellos de habitabilidade de vivenda, arraigo e de esforzo de integración das persoas inmigrantes non serán vinculantes. Ademáis, aposta por fomentar e garantir a movilidade e o retorno voluntario de inmigrantes, facilitando o regreso nun futuro de persoas estranxeiras que decidan abandonar España, recuperando os periodos de residencia previos sempre que se cumplan os requisitso e o compromiso de non retorno nun prazo de dous anos.
O novo regulamento da Ley de Estranxería reduce de 90 a 45 días o tempo para a obtención do permiso de residencia temporal e traballo para investigadores de países fóra da UE. En relación cos menores estranxeiros, tanto acompañdos como non, regula polo miúdo o procedemento de repatriación de menores, con intervención intensa do Ministerio Fiscal, así como o tránsito da minoría á maioría de idade. O regulamento, do mesmo xeito, impide aos empregadores ou empregadoras que non cumpliran os comprimisos asumidos contratar a outro traballador ou traballadora estranxeira nos tres anos seguintes.
O desenvolvemento regulamentario da nova Ley de Estranxería aprobouse coa oposición de medio centenar de organizacións sociais, que reclaman a regularización inmediata de inmigrantes ilegais e o peche dos Centros de Internamiento de Extranjeros (CIE).

FONTE: http://www.eldia.es/2011-06-27/sociedad/3-partir-jueves-aplicara-nueva-Ley-Extranjeria.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s