POLÉMICA POR UN «HIYAB»

Publicado: Xuño 26, 2011 en inmigración, novas

El caso de la niña del velo será llevado a la Fiscalía de Menores
El abogado presenta hoy la denuncia contra el director del CEIP de Arteixo

O avogado do pai da nena do velo, Iván Jiménez Aybar, reunese esta mañán co fiscal de Menores de A Coruña para presentarlle a documentación sobre o caso e solicitarlle que abra dilixencias. “Denunciaremos directamente ao director do colexio pola vía penal, porque a administrativa xa queda en segundo plano”, afirmou o letrado, que se desplazou esta mesma mañán de Barcelona a A Coruña e considera “inaceptable” a actitude do director do CEIP de Arteixo, José Luís Fernández Pardo. Unha actitude que tamén a Xunta, a través de Inspección de Educación, comprobará si é ou non certa. Tratará de de averiguar que foi o que sucedeu o mércores no colexio.
Un dos feitos polos que a familia denunciará ao director está baseado na expulsión da menor da aula o pasado mércores e último día de clase, cando a Xunta informara ao centor da aprobación do traslado da alumna ao outro colexio, concretamente ao Ponte dos Brozos. Segundo relatou o pai da nena ante a Garda Civil, a familia non tivo notificación oficial deste feito e a menor foi expulsada cando todavía non estaba escolarizada no Ponte dos Brozos. Pola súa parte, o director evitou de novo facer declaracións.
Mentres, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, reunirase cos consellos escolares dos centros educativos para chegar a unha posición común sobre o uso do velo nas aulas. Considera o rexidor que debe haber unanimidade sobre este feito: “Que tomen a decisión que queiran, pero non pode ser que nun centro se prohiba e noutro non”, dixo. Do mesmo xeito, o presidente da comunidade musulmana de Galicia, Mustafá Alendi, avogou por unha solución pacífica do conflito a través das institucións.
O pai da menor, Redawane Hakim, explicou que si a aceptan nun colexio español de Casablanca a nena ira coa súa nai e o seu irmán a Marrocos: “Non vou a permitir que a miña filla sufra máis”, dixo Hakim, que recoñeceu que son momentos duros para toda a familia. O proxenitor explicou que todavía non tiveron resposta do centro, pero que a decisión xa está tomada e todo dependerá de si aceptana á menor no colexio de Marrocos. Hakim tamén informou de que recibiu onte e non o mércores a notificación do traslado da menor ao CEIP Ponte dos Brozos: “Acaba de chegarme a carta [por onte]”, explicou o pai, que negou ter recibido novas do traslado o último día de clase.

FONTE: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/06/24/0003_201106G24P32991.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s